Arquivos do autor: David

David

Acerca de David

Na Equipaxe de Man collen viaxes, experiencias, plans de futuro, ganas de coñecer, de fuxir, de voltar... Tamén de compartir e aprender. De profesión "xornalista"; en Twitter @Dlourido

Fin de semana | Gálgala, restaurante vexetariano en Vigo

galgala

A próxima vez que vos toque escoller sitio para cear en Vigo, non o dubidedes: Gálgala. Apto para vexetarianos fartos de tortillas e ensaladas 3 delicias –Ubi inventou este concepto despois de probar máis de 1.000 ensaladas por toda Galicia a base de leituga, tomate e cebola–, ou para calquera que se atreva a descubrir unha cociña “imaxinativa, multicultural e inesperada”.

Seguir lendo

Nadal 2014 en Vigo

Nadal_Vigo

Non sei se me gusta o Nadal ou non. Supoño que si: a familia, as enchentas, os regalos… Pero tamén gardo recordos de todo tipo destas datas. E anóxame esa rutina que nos leva ao Corte Inglés xusto despois de que prendan as luces.

Vigo acendía este luns as luces de Nadal. Ata o día de Reis podedes vivir as festas patinando nunha pista de xeo ou percorrendo os mercados de Nadal nos que comprar regalos que non atoparedes nos centros comerciais. Seguir lendo

5 viaxes en 5 fotos non imprimidas

Equipaxedeman

Xa hai anos que saquei o título de fotógrafo familiar; non dos que van a vodas, bautizos e comuñóns senón dos que se levanta cada 5 minutos na comida de Nadal ou no aniversario do avó cando pais, primos e demais familia o suxiren. Despois ven o “xa mas pasarás”.

Non é a primeira vez que algún dos membros máis analóxicos da familia reflexiona en alto e dime que “fas unha chea de fotos que despois…”. Antes facíanse unhas poucas, revelávanse todas e gardábanse nun armario que hoxe ten forma de disco duro.

Pode que neste post atopedes algunha boa idea para unha viaxe, ou que decidades revivir viaxes buscando CD’s cheos de fotos que xa non lembrades onde gardastes.

Seguir lendo

Sitios sen carta e con café de pota

casaveva

Foto casaveva.com

Eu que son un freelance que traballa nun espazo de coworking, dígovos que non están de moda nin os salarios nin as vacacións pagadas. O que se leva son as escapadas para as que só se necesita un destino (nin iso é obrigatorio) e moi poucas expectativas.

A primeira fin de semana de setembro meus pais volveron a enfadarse comigo porque non pensaba pasar pola casa; aceptara unha fin de semana que comezaba por un concerto de Kepa Junkera en Vilameñe (Taboada) e que ninguén imaxinaba como ía rematar.

Seguir lendo

“Recomendo visitar Melbourne pero, sobre todo, vivir alí”

Hilario_aus_1

Non hai moito andaba eu por Madrid, da Fondue de Tell ao Peor para el sol. Por aquel entón Hilario estudaba psicoloxía pero, sobre todo, nadaba, e corría a pé e en bicicleta, nadaba e corría a pé e en bicicleta… Un tolo do triatlón. Con el e cos que eran os meus compañeiros de piso, compartín a ruta entre Teruel e o Encoro de Arquillo da que xa vos falei en Equipaxe de man.

Decidiu marchar de Madrid e ir vivir a Melbourne. Non se foi máis lonxe porque non se podía. A historia de amigo que marcha vivir a Australia seguro que vos soa. Por que? Recoméndanos ir? Que nos recomenda visitar? Seguir lendo

Fin de semana | “A tirolina máis grande do mundo”

phoca_thumb_l_fantasticable4

Fantasticable. Foto penaaventura.com.pt

Hai tempo que os que compartimos o Espacio Nido queremos probar “a tirolina máis grande do mundo”. Si, estou escribindo un post sobre un sitio que aínda non visitei pero se nós non nos decidimos por que vos vou impedir a vós gozar da experencia.

O “Fantasticable” é o servizo estrela do parque Pena Aventura, en Ribeira da Pena, Portugal. Un espazo “adicado a actividades recreativas e deportes de aventura na natureza”. Coidado con seguir lendo porque quereredes imitarnos.

Seguir lendo