Arquivos do autor: David

David

Acerca de David

Na Equipaxe de Man collen viaxes, experiencias, plans de futuro, ganas de coñecer, de fuxir, de voltar... Tamén de compartir e aprender. De profesión "xornalista"; en Twitter @Dlourido

Tocamos Madeira | De Câmara de Lobos a Porto Moniz

Camara de Lobos 2

Câmara de Lobos

A illa de Madeira (Portugal) foi o destino escollido para pasar unha semana de vacacións no mes de xullo. Recomendable? Si, pero cómpre ler os posts que vou compartir no blog. A favor, Madeira é un paraíso natural que paga a pena coñecer e percorrer. En contra, que non vos estrañe se ao chegar vos collen polos nocellos para ver que cae.

Descartada a opción de alugar un coche para coñecer a illa –moi recomendable se podedes planificar a viaxe con tempo–, decidimos organizar a semana no mostrador de recepción do hotel. A viaxe foi de menos a máis. A primeira xornada consistiu nunha carreira contra a furgoneta que nos levaría a coñecer boa parte de Madeira.

Seguir lendo

Descubrindo o Perriturismo

IMG_3761

Solo (Comando G) e Lena (Equipaxe de man)

Contan os blogs de turismo que nas afastadas terras da Ribeira Sacra existe a posibilidade de desfrutar do noso patrimonio natural e cultural acompañados dos nosos cans. Despois de que Lena insistira unha e outra vez partimos rumbo ao Incio na busca do Comando G. Armados cun bocadillo para 2 e unha botella de auga fomos ao encontro de Arwen, Paloma, G, Garimba, Solo, Haiku, Lola e Paula.

Seguir lendo

De oleiros e outros artesáns

oleriabunho1

Foto: facebook.com/oleriadebunho

Ao principios de xullo propuxéronme viaxar durante todo o verán dende un estudio de radio e ata calquera punto de Galicia coa condición de facelo con Equipaxe de man. A cita é todos os mércores ás 10:45 no Galicia por Diante, na Radio Galega. O normal é revivir as viaxes dos meus compañeiros de blog. Desta volta vou da radio ao blog para ser xustos e adicarlle o espazo que merece a unha parte importante da nosa cultura: a artesanía de Galicia.

A primeira parada está en Buño (Malpica de Bergantiños). Alí o forno non deixou de cocer nos últimos 5 séculos. O aprendido nese tempo e a vida que lles queda por diante poden verse esta semana na XXXII Mostra da Olería de Buño. A segunda está na Coruña, en Mostrart. Unha boa oportunidade para achegarse ao traballo dos artesáns galegos. Para admirar e mercar.

Seguir lendo

A maleta dun pseudorunner con acompañante canina

maleta_David_equipaxe

Advertimos que as imaxes que imos publicar a continuación poden ferir a vosa sensibilidade. O equipo de Equipaxe de man estamos a punto de abrir as nosas maletas para que descubrades que levamos para as nosas vacacións. Eu digo que me gusta saír correr, e os runners convencidos penso que non perdoamos nin as vacacións. E hai uns meses que vivo e traballo con Lena, unha galgo que devece por subirse ao meu coche vaia onde vaia. E todo iso ten que entrar na equipaxe. Seguir lendo

Adeus Twitter, Adeus followers…

passeig de gracia

Ana no Passeig de Gràcia en Barcelona

…, adeus hashtags en galego, adeus visitas aos meus posts, cando posicionaremos… A creación e a responsabilidade xudicial son do departamento técnico de Equipaxe de man. Algún día traeremos ese talento a esta parte do blog. Os versos saíron nunha conversa na que discutiamos que cousas facer no blog e nas redes sociais a semana que vén; o día 17 de Maio celébranse o Día das Letras Galegas e o Día de Internet e a nós parécenos que non son excluíntes.

Equipaxe de Man naceu, entre outros motivos, para axudar na loita por un espazo para o galego na rede. Botádesnos unha man? Seguir lendo

The password is “Reboleira”

AReboleira

Chegou a Semana Santa sen avisar con tempo e tocou escapar co compañeiro de sempre ao sitio de moitas veces. “Tendo en conta as datas haberá que reservar non? Chamo a algún sitio?”… “Confía!”. O Xoves Santo pola mañá adicamos unha hora a confirmar que non somos os únicos aos que lles presta visitar o Caurel. E foi mellor así. Xa reservaramos no Pontón e en Casa Veva; só quedaba dar, por casualidade, co Albergue A Reboleira en Fonfría, Pedrafita do Cebreiro.

Seguir lendo