Arquivos do autor: Cris

Cris

Acerca de Cris

Galega, comunicadora e viaxeira, cun plan B, que a viaxe se convirta nun modo de vida.

Fin de semana no Hotel Pontes de Gatín, Os Ancares

panoramica-ancares

Panorámica dos Ancares

Se falamos de fronteiras xeográficas, os Ancares encarnan unha das máis claras mostras de como unha paisaxe pode determinar a diferencia entre dúas terras, dúas personalidades, dous climas, a de Galicia, e a de León.

En Equipaxe de man estamos a celebrar os 2 anos de vida convidándovos a pasar unha noite no Hotel Pontes do Gatin, nos Ancares. Só tedes que dicirnos aquí, con que sitio da zona vos quedades. Seguir lendo

Laos, verde como a nosa Galicia

Montañas en Vang Vieng

Montañas en Vang Vieng

Laos, que pertence ó sudeste asiático, ben nos recorda a pequenas aldeas francesas, camiñando pola rúa pódense atopar pastelerías, cafeterías e mansións de estilo clásico (algo pouco habitual por estes lares). O país tamén recorda a Camboia ou Birmania, pero ten algo diferente. Din que é un dos países máis pobres do mundo, pero a nós deunos a impresión de que a xente vive mellor… Seguir lendo

Golpe de Estado en Tailandia

Só unhas 48 horas despois de que o exército declarase a Lei Marcial en todo o territorio tailandés, o xefe do Exército de Terra anunciaba o Golpe de Estado.

Son 48 horas nas que se pasou de que os tailandeses e tamén estranxeiros se sacasen selfies cos militares, en seña de agradecemento por parar as protestas e manifestacións, ata que hoxe ás 8 da tarde hora local, todos corresen para casa, ateigando as liñas de metro e skytrain para chegar antes das 10 da noite, (hora do toque de queda), e as liberdades individuais recollidas na constitución, quedasen derogadas. Seguir lendo