Arquivos do autor: Cris

Cris

Acerca de Cris

Galega, comunicadora e viaxeira, cun plan B, que a viaxe se convirta nun modo de vida.

Filipinas, illas de Corón e El Nido

Filipinas foi o meu desitino elixido para ir o pasado novembro a pasar perto dun mes de vacacións, aproveitando esa tempada de calma sen choivas e tifóns nas illas.

A entrada ó país foi a través do aeroporto de Manila, do que en canto puidemos, tratamos de escapar. Esquivando as paredes empapeladas co esologan nacional “It’s more fun in the Philippines”, os metros onde os gardas de seguridade empurran ata que que todos están dentro, rúas ateigadas de jeepneys, e o sol abrasador que che deixa ata feridas na pel, por fin fomos quen de deixar atrás esta cidade, que será obxecto doutro post diferente. Seguir lendo

Açores é nome de paxaro

sete-cidadesPara aqueles que adoran pasar nun mesmo día por diferentes estados de ánimo, non hai mellor lugar que as Illas Açores. Din os das illas que nun só día pasas polas catro estacións: verán, inverno, outono e primavera, e non é para menos, xa que dependendo da hora do día ou da parte da illa na que te atopes, vas suar o que non está escrito, vas pasar frío e sentir un lixeiro picor na gorxa, vas estar moi tranquiliño pensando que o tempo quedará así e vas correr para a taberna máis próxima a refuxiarte das choivas tropicais. Seguir lendo

Letras Galegas tamén na Rede

rosalia_google

Achégase o día das Letras Galegas, e non podemos deixar de reparar no rol esencial que cumpre este blogue, así como o resto de blogues, páxinas web, wikis, redes sociais, e en definitiva, a totalidade de Internet, no proceso de normalización lingüística gracias á creación de contidos en galego. Seguir lendo

7 Visitas imprescindibles en Bolivia

IMG_2101

Xa van a facer uns cinco anos despois do meu paso por América do Sur, un ano no que gracias a unha bolsa Erasmus Mundus puiden traballar e dar clase na Universidade Nacional de Tucumán en Arxentina, e como tal, disfrutar dunhas boas vacacións de profesor universitario.

Non era de recibo aproveitar esas vacacións para vir á casa a ver á familia, que a familia sempre estará, pero na Arxentina non é que se poidan pasar moitas tempadas na vida. Decidín entón facer unha viaxe de máis dun mes que me levaría polo Noroeste Arxentino, Bolivia, Perú, Chile e volta a Tucumán.

Unha viaxe na que en cada parada se ía sumando xente de todas partes do mundo, ata chegares a ser máis de 8 compañeiros na cúspide, no Machu Picchu.

Nesta entrada de hoxe quixera compartir con vós cómo foi cruzar Bolivia, un territorio incrible, cunha paisaxe surrealista que combina deserto, salares, selvas e formas imposibles. Seguir lendo