Arquivos do autor: Ana

Ana

Acerca de Ana

Na miña casa estase moi ben pero a min gústame viaxar. De momento non podo facelo tantas veces como quixera pero soño a miudo con pasar un ano da miña vida "vendo mundo". Tamén me podes seguir en Twitter @anadiazperez.

A libraría Altaïr en Barcelona, todo o mundo en dous pisos

Libraría Altaïr Barcelona

Pasar a porta para dentro do número 616 da Gran Vía de Barcelona, é toda unha experiencia para calquera alma viaxeira. A pranta baixa do edificio ocúpaa Altaïr, unha libraría especializada en viaxes na que se pode atopar información sobre os destinos máis recónditos do planeta. Seguir lendo

Búscanse as 7 cidades máis marabillosas do mundo

Xa falara noutra ocasión en Equipaxe de Man das votacións que se levaron a cabo para atopar as Sete Marabillas do Mundo Moderno, entre as que se atopan a Gran Muralla China ou o Machu Picchu. Nesta ocasión temos a oportunidade de participar nas votacións para atopar as 7 cidades máis marabillosas do mundo. Xa hai 28 finalistas.
Seguir lendo

Vivir en Londres: o barrio de Brixton

Brixton marketBrixton é un deses barrios que están no centro de Londres pero que en canto o pisas, parece que te trasladaches a outro país ou continente. Está na ribeira sur do río, e é famoso polos seus disturbios, polos conflictos raciais e por ser unha zona na que mellor non pisar a finais dos 80. Sempre foi unha zona cunha situación socio-económica bastante complicada e hoxe en día, aínda se sinten de fondo as marcas do seu pasado, pero a súa imaxe está á alza, por iso na túa próxima visita a Londres tes que ir alá. Seguir lendo

Consellos para viaxar gastando pouco diñeiro

¿Onde quedaron os anuncios de TV nos que se dicía que era máis barato viaxar que quedarse en casa? Esa época de bonanza xa fai tempo que rematou, pero aos que levamos o mono de viaxar con nós, non nos dá chegado o momento de facer a maleta e coller un avión para un novo destino. Aquí van algúns consellos para poder permitirse viaxar en tempos de crise.

Seguir lendo

O touro de Osborne. Viaxar buscando un icono publicitario

Un icono publicitario

Esta é unha viaxe pola xeografía española a través dun observador imperturbable da mesma desde fai máis de cincuenta anos: o Touro de Osborne. Esta silueta escura que se recorta no horizonte de moitas carreteras españolas, é un dos iconos publicitarios máis importantes de España e é hoxe en día considerado parte do patrimonio cultural español.

Seguir lendo