Arquivos do autor: Ana

Ana

Acerca de Ana

Na miña casa estase moi ben pero a min gústame viaxar. De momento non podo facelo tantas veces como quixera pero soño a miudo con pasar un ano da miña vida "vendo mundo". Tamén me podes seguir en Twitter @anadiazperez.

As mellores cidades do mundo para vivir

Tokio é a cidade con mellor calidade de vida

A revista Monocle, fai un ranking anual das 25 cidades que teñen unha mellor calidade de vida. Esta clasificación baséase en datos sobre a seguridade, o clima e as horas de sol, as conexións internacionais, a rede de transporte público, os kilómetros de carrís bici, a convivencia, a calidade medioambiental, o deseño urbanístico, o prezo e a calidade da comida, a cantidade de bibliotecas públicas ou a sanidade. Seguir lendo

Vivir en Londres. 10 cousas que facer gratis en Londres

Vivir en Londres National GalleryDicen por aí que as mellores cousas da vida son gratis e eu creo que é certo, pero para min vivir en Londres é unha das mellores cousas que che poden pasar na vida e eso… non é precisamente gratis. A vida en Londres é bastante cara e turistear pola cidade visitando os principais puntos de interese pode deixar o teu peto bastante tocado. Pero hai un montón de alternativas gratuítas para os que queren vivir por uns días coma os auténticos londoners. Seguir lendo

10 cousas que facer gratis en Barcelona

Barcelona Raval hotelCada vez que a unha persoa de máis de 60 anos lle digo que estou vivindo en Barcelona, non é raro que me contesten con algo tipo Barcelona és bona si la bossa sona. Como este dito popular o vou ter que aguantar unha e outra vez mentras siga por aquí, pensei escribir este artigo para demostrar que a segunda parte do mesmo tamén é certa tant si sona com si no sona, Barcelona és bona. Seguir lendo

Fin de semana | O restaurante Cantábrico na Fonsagrada

RestauranteCantabrico

Restaurante Cantábrico. Foto: rutamichelines.es

Vivindo moi cerca de A Fonsagrada, nunca os pes tiña posto pola vila da fonte sacra. Aproveitando que había moitas boas novas que celebrar, fixemos unha escapada gastronómica ao restaurante Cantábrico no pasado mes de agosto.
Seguir lendo