Arquivos do autor: Adriana

Adriana

Acerca de Adriana

Amante da fotografía, lectora impenitente e viaxeira incansable, tento aliñar todas as facetas da miña vida con dous ingredientes principais: paixón e enerxía. Podédesme seguir no facebook Adriana Rodríguez Eiroa

Degustando ó son da Gastroteca

 

A Coruña está repleta de locales de restauración, a cada cal máis innovador, que pretenden ofrecer algo diferente para captar a atención do cliente. A Gastroteca, situada no Hotel Hesperia Coruña, acerta de pleno na súa carta de presentación pasando a incluirse nese listado de exquisitas boutiques de sabores da cidade herculina.

Seguir lendo

Nace BLUSCUS, a primeira axencia especializada en turismo mariñeiro de Galicia

si

O pasado sábado botaba a andar a primeira axencia online especializada en promocionar o turismo mariñeiro de Galicia, Bluscus. Co lanzamento do portal www.bluscus.es materialízase a posibilidade de participar en actividades de inmersión na cultura galega, a través da contratación de experiencias gastronómicas, náuticas ou marisqueiras singulares ou características das zonas do litoral.

Seguir lendo

Rumbo ó “Dragón de Indochina”, Vietnam, 2ª parte

Porto da cidade de Hoian

O centro de Vietnam

Un voo interno de pouco máis dunha hora desde Saigón levounos ó aeroporto de Danang, situado no centro do país. Esa zona está ateigada de resorts de ensoño a pé de praia. O hotel Palm Garden Resort foi no que nos aloxamos. Durante dous días o escenario completárono grandes piscinas e espazos abertos con distintos establecementos de restauración para degustar comida típica vietnamita escoitando as ondas do mar.

Seguir lendo

Rumbo ó “Dragón de Indochina”, Vietnam, Iª parte

Ho Chi Minh motorizada

Quizáis pensando en deixar a guinda para o final, e para que nos fóramos de Vietnam cun bo sabor de boca, a viaxe organizada que emprendín hai mes e medio levoume do sur ó norte do país, da caótica e gris cidade de Ho chi Minh á paixaxe espectacular dunha das octavas maravillas do Mundo, a Bahía de Halong.

Seguir lendo

O outono invita a adentrarse na serra dos teitos de pizarra, O Courel

Cando no seu último post o compañeiro David escribiu sobre “Sitios sen carta e café de pota“, ou o que é o mesmo, Casa Veva, levei unha enorme sorpresa porque coñezo a Veva e a Carlos dende hai anos a través duns tíos meus que me revelaron o segredo da existencia deste “refuxio gastronómico” que alimenta o espíritu e espanta o mal humor.

Seguir lendo

A Festa do Percebe do Roncudo nunca defrauda

Nada máis e nada menos que 22 anos seguidos se léva celebrando a Festa do marisco rey en Corme, a do Percebe do Roncudo. Coincidindo o primeiro ou segundo sábado de cada mes de xullo, numerosos grupos de amigos e familias enteiras das localidades de arredor acoden á vila mariñeira de Ponteceso dispostas a celebrar esta festividade convertida nunha tradición sagrada para os veteranos. Así é que no meu caso, e desde o ano 1997 no que empecei a acudir, só recordo unha vez que faltara á cita.

Seguir lendo