Arquivos do autor: Adriana

Adriana

Acerca de Adriana

Amante da fotografía, lectora impenitente e viaxeira incansable, tento aliñar todas as facetas da miña vida con dous ingredientes principais: paixón e enerxía. Podédesme seguir no facebook Adriana Rodríguez Eiroa

“La Nonna” cociña para nós

O nome dun restaurante debería reflexar en todos os casos a esencia do que se pretende ofrecer no mesmo; cantas sorpresas nos evitaríamos deste xeito. No caso de La Nonna, avoa en italiano, é tal cal. Cando visitas este establecemento, sito en Arteixo, e que botou a andar no pasado mes de novembro da man de Andrés Barreira e Óscar Canto, a sensación que che transmite desde que entras pola porta ata que saes é a da atención e o mimo que sempre brinda unha avoa. E explícome.

Seguir lendo

Do it yourself “mapamundi”

Cada vez que queiras planear unha viaxe, bota un vistazo ó mapamundi, sempre te pode inspirar

Cada vez que queiras planear unha viaxe, bota un vistazo ó mapamundi, sempre te pode inspirar

Hai anos que o teño en mente, e por fin conseguín atopar unha tarde para ver realizado un dos meus desexos; montar un mapamundi sinalizado nos puntos xeográficos nos que estiven, acompañado de recordos traídos deses distintos destinos (postais, billetes, marcapáxinas, tickets de entradas, imáns, etc).

Seguir lendo

Hora e media separa a A Coruña de Lisboa

Avión no que volamos a Lisboa

Nos meses previos á viaxe a Lisboa cada vez que conversaba do tema con alguén sucedíanse as dúas mesmas preguntas: “E como vas ir?”, é á resposta “En avión” a seguinte cuestión era: “¿Pero fas escala?”. Pois non, é posible viaxar desde A Coruña ata a capital lusa en voo directo. Como? A través da aerolínea portuguesa TAP.

Seguir lendo

Cousas que facer na Coruña “by de face”

Embarcacións no porto da Marina

“Cidade na que ninguén e de fóra”, “cidade herculina”, “cidade atlántica” “cidade de cristal”… Son numerosos os calificativos ou as características que definen á cidade da Coruña e que están na mente de todos. Todas esas caras configuran unha cidade poliédrica na que é posible facer “case” de todo, e por encima, moitas desas cousas son gratis. Se o queredes comprobar seguídeme.

Seguir lendo