Arquivos do autor: Javimos

Javimos

Acerca de Javimos

Ser con jafas, pero sobre todo perilla para tapar a papada. Disfruto tanto das viandas, que non me importa desplazarme anos-luz para testalas. Alguén máis se apunta a viaxar?

Vila de Cruces, a capital do Galo de Curral

Esta fin de semana tivemos o pracer de poder asistir a vixésima edición da festa do galo de curral de Vila de Cruces. Alí poidemos coñecer a David Sueiro, presidente da Cooperativa Vicogalo, que xurdiu a partir da creación do Rexistro de Explotación Avícolas Artesanais, que nos mostrou todo o referente ao galo de Mos.

Pero David non só é o presidente da cooperativa, ten unha granxa onde cría os galos e galiñas e fai de guía nas rutas etnográficas, gastronómicas e turísticas organizadas co obxetivo de dar a coñecer, á xente que se acerca, o proceso de cría da ave e mostrar o modo de vida rural a través da implicación directa dos visitantes, dende a recolección de ovos ata facer unha filloa.

Seguir lendo

Be London, my friend (II)

Metro de Londres

Metro de Londres

Continuando coa primeira parte na nosa escapada a London, nada mellor que recordar unha pequena parada no “Bromtom Quarter Restaurant”, que incluían catro platiños para compartir, como falafel, entre outras viandas.

Logo deste pequeno tentempé, unha das cousas que máis disfruto alá onde vou -sexa onde sexa que vou-, é a de sentir a incomparable sensación de ver a vida pasar. Que en que consiste este momento? Pois pode ser tan sinxelo coma acougar uns intres sentado nun banco da rúa, gozando do dinamismo urbano, das présas da xente, fixándome no xeito de vestir, e sobre todo de como se miran uns aos outros…
Seguir lendo

Be London, my friend (I)

Pois non, ho. Non salira antes da miña grande península ibérica, e notábase. E pensaba que durante os 3 días que ía pasar polas British lands todo ia ser como descubrir un novo mundo, e o que realmente me sorprendiu foi o familiar que se me facía todo!

Non en vano Londres é un referente cultural omnipresente nas nosas vidas, ou polo menos na meirande parte da miña. Disfrutar do Big Ben en directo despois de velo tantas outras veces en fotos é unha sensación como a que sintes cando visitas de vello (ou non tanto) o colexio da túa infancia.
Seguir lendo