As mellores cidades do mundo para vivir

Tokio é a cidade con mellor calidade de vida

A revista Monocle, fai un ranking anual das 25 cidades que teñen unha mellor calidade de vida. Esta clasificación baséase en datos sobre a seguridade, o clima e as horas de sol, as conexións internacionais, a rede de transporte público, os kilómetros de carrís bici, a convivencia, a calidade medioambiental, o deseño urbanístico, o prezo e a calidade da comida, a cantidade de bibliotecas públicas ou a sanidade.

Despois de cruzar datos, extrapolar números e ter en conta todas as variables implicadas, este é o top 25 das cidades cunha mellor calidade de vida:

  1. Tokio (Xapón)
  2. Vienna (Austria)
  3. Berlín (Alemaña)
  4. Melbourne (Australia)
  5. Sydney (Australia)
  6. Estocolmo (Suecia)
  7. Vancouver (Canadá)
  8. Helsinki (Finlandia)
  9. Munich (Alemaña)
  10. Zurich (Suiza)
  11. Copenhagen (Dinamarca)
  12. Fukuoka (Xapón)
  13. Singapur (Singapur)
  14. Kyoto (Xapón)
  15. París (Francia)
  16. Madrid (España)
  17. Auckland (Nova Zelanda)
  18. Lisboa (Portugal)
  19. Hong Kong (Hong Kong)
  20. Amsterdam (Países Baixos)
  21. Hamburgo (Alemaña)
  22. Xenebra (Suíza)
  23. Oslo (Noruega)
  24. Barcelona (España)
  25. Portland (Estados Unidos)

Como países, Xapón e Alemaña conseguen colocar 3 cidades no ranking. Eu teño o pracer de vivir nunha destas cidades,  pero a dicir verdade, non me importaría probar qué tal se vive en Berlín, Amsterdam, Copenhagen ou xa un pouco máis lonxe Sydney ou Singapur.

E ti lector, ¿a cal destas te mudarías?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>