As Letras Galegas estaban na Aldea do Couto

Luís Davila, Anxo Moure, Manuel Rivas e Yolanda Castano, algúns dos nomes que pasan por este Festiletras do Couto 2015

Luís Davila, Anxo Moure, Manuel Rivas e Yolanda Castano, algúns dos nomes que pasan por este Festiletras do Couto 2015

Menudos nomes, galegos, están pasando pola pequena Aldea do Couto. Apenas 90 casas ten este pequeno lugar do Concello de Ponteceso, pero cada maio convírtese no epicentro das Letras Galegas. I é que o seu Festival cultural, o Festiletras leva 33 anos sendo unha referencia na materia. E é o pobo (a través da A.C. Montebranco e a Fundación Eduardo Pondal) o verdadeiro motor desta aldea, desta festa, e un dos espazos que acolle os eventos o representa á perfección: A Casa dos Veciños, erguida pedra a pedra polos seus veciños hai 30 anos e polos que pasaron os nomes máis coñecidos do tecido cultural galego.

Este anos a incidencia chega en forma de nomes, e se non apunte: Neira Vilas, Uxía, Antón Losada, Xosé Luís Pereiro, Manuel Rivas, Luís Davila, Xurxo Souto, Siro López, Guadi Galego, Pazos de Merexo, Uxía Senlle, Benigno Campos, Pepo Suevos, Víctor Freixanes, Xosé Touriñán, Fede Pérez, Óscar de Toro, Alfonso Franco… Menudo elenco de personalidades para 8 días de actividades, co gallo da celebración destas Letras Galegas, que neste 2015 están adicadas ao escritor, historiador e profesor Xosé Filgueira Valverde.

Emotivo foi o comezo do festival este ano, o pasado domingo, co pregón da man do verbo de Víctor Freixanes e a arpa de Roi Casal. Houbo tempo tamén para o humor, cunha gala na mesma Casa dos Veciños, con Xosé Touriñán e Marcos Pereiro, que deixaron os traxes das Cantareiras de Ardebullo na casa e compartiron o seu humor cos veciños da volta; ademais do mazaricán Federico Pérez Rey e Pepo Suevos. Todo un elenco cos mellores “arma risas” do país.

Pepo Suevos e Xose Tourinan no Festiletras 2015

Pepo Suevos e Xose Touriñán no Festiletras 2015

Durante a semana houbo citas tremendamente singulares. As mañás estiveron reservadas para o Roteiro Pondaliano (moi recomendable se pasades pola zona) guiada por Xabier Couto Castro. E tamén para os contadores de contos, pensando nos máis pequenos. Pero que contadores! Pasou Anxo Moure, o mítico lucense que mestura rodas de bici con libros. Estiveron Manuel Rivas e César Freiría, o culpable desa orquestra unipersoal chamada Cé Pantasma, traendo a historia do Raposo e a mestra, e disfrutaron co “centro de creación, gozo, alegría, esperanza, riso, liberdade e diversidade” que é para el esta aldea do Couto.

Pasou tamén Luís Davila, o Castelao do século XXI, para facer un obradoiro de debuxo cos peques pontecesáns. E cun obradoiro, en clave poética, tamén puxo o seu gran de area Yolanda Castaño.

Taller de Café de Pota con Óscar de Toro no Festiletras

Taller de Café de Pota con Óscar de Toro no Festiletras

Polas tardes houbo tempo para o teatro, a música e a gastronomía. Ademais dunha Máster Class de café de pota co Óscar de Toro, as accións saíron do auditorio e pasaron á Taberna, concretamente á Taberna Agra de Mares, onde se debaten as verdadeiras letras entre Lusco e Fusco, como denominan esta hora. Pinto d’Herbón e o Caruncho puxeron a nota simpática cas súas regueifas, recuperando un arte moi propio das terras bergantiñás. Tamén combinamos o churrasco coas gaitas Lúa Chea de San Xoán de Borneiro, e cos acordeóns de dous dos máis grandes: Xurxo Souto e Pazos de Merexo.

Churrasco e gaitas na Taberna do Festiletras

Churrasco e gaitas na Taberna do Festiletras

O que vén

Guadi Galego e Amancio Prada na gran noite do Festiletras do Couto

Guadi Galego e Amancio Prada na gran noite do Festiletras do Couto


Programa-Festiletras-2015-e-venres

O venres de mañá teremos Roteiro Pondaliano con Xabier Couto, e despois de varias accións para os nenos e dunha cata de queixos, xa entre Lusco e Fusco, teremos unha agradable degustación gastronómica, e a nova obra dos baieses de Badius Teatro, Frankenstein.

Para o sábado, dia completo que arrincará cun faladoiro como as Aldeas Singulares da Costa da Morte na Fundación. Pola tarde poremos a cociña con Benigno Campos, e xa de noite, a AC Inllar daranos As Vésperas co seu pasarrúas, para celebrar un dos grandes eventos do festival, a actuación de Amancio Praza e Guadi Galego na Casa dos Veciños.

Non decae a actividade o domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas. Pola mañá Xosé Luís Rabuñal Patiño e Ana García guiarán un roteiro ornitolóxico polo esteiro do Anllóns. Pola maña retemos tamén feira de Artesanía e a entrega de premios do II Premio Poético Infantil Eduardo Pondal. Haberá sesión vermú, co Cé Orquesta Pantasma, con Carapus e cas habituais que nunca fallan, as Cantareiras de Ardebullo. Xa pola tarde, toca artesanía, baile, e o concerto de Samarúas que pechará o festival na Carpa do Festiletras.

Programa-Festiletras-2015-sabado-e-domingo

Máis cousas das LG

Fonte

  • Fotos cedidas polo Festiletras.

Unha reflexión sobre “As Letras Galegas estaban na Aldea do Couto

  1. Pingback: As Letras fanse arte no Couto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>