Algúns imprescindibles na maleta

Algúns básicos nunha maleta

Algúns básicos nunha maleta

Quizáis sigo pecando un pouco de encher a maleta de máis cando me vou de vacacións. Refírome a que, e pasaravos a moitos de vós, sempre levamos cousas de “por si acaso” ou “por se se poidan necesitar” e logo non se da ese caso ou nunca as chego a necesitar.

Ó marxe deses utensilios de máis, considero que hay certas cousas que sempre deberían ir na equipaxe, aínda que sexa para pasar unha fin de semana, e independentemente do tipo de destino ou da estación na que se atope o lugar ó que vaiamos.

-Guía turística do sitio. Acostumo a comprala despois no propio destino, é un tipo de volumen que me gusta recopilar. Pero días antes de emprender rumbo, sempre collo prestado na biblioteca unha ou dúas guías do lugar, precisamente para organizar un pouco a viaxe e sacarlle o máximo partido.

-Libro. Os libros van alá onde eu vaia. Así que o volume de lectura que teña na mesilla de noite sempre vai ter un oco na miña maleta. Seguramente veña ben proseguir coa lectura polas noites para conseguir conciliar o sono.

-Libreta e bolígrafo. Moi imprescindible para anotar algún dato interesante, unha dirección que queiramos recordar, un nome que nos resulte curioso, etc.

-Chuvasqueiro. Case nunca está de máis levar esta prenda, non vaia ser que unha chuvieira nos fastidie o momento.

-Bañador. Aínda que sexa un destino no que pensemos que non lle imos sacar partido, igual nos sorprendemos cando nos atopemos cunhas termas, unha pequena cascada ou unha piscina interior, e nos apeteza sumerxirnos.

-Móvil. Indispensable para poder comunicarse e nos casos de emerxencia nos que non haxa outros dispositivos no lugar.

-Cámara de fotos. Fundamental para inmortalizar eses momentos que non se volverán repetir nunca de forma igual.

-Gafas de sol. Resulta moi molesto pasear baixo o sol sen gafas.

-Crema do sol. Aínda que non brille o sol, cando estamos de vacacións, acostumamos andar bastante tempo ó aire libre, así que nunca está de máis protexerse do astro rei. E non digo nada se o noso destino vacacional é a praia.

-Pequeno botiquín. Cando imos á aventura sempre pode xurdir calquer imprevisto, polo que eu sempre vou máis tranquila se levo un neceser con imprescindibles como tiritas, gasas, esparadrapo, antiinflamatorios, algún fármaco para os problemas intestinais e pomadas para as queimaduras e picaduras de insectos.

Unha vez dito isto, a onde nos imos??

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>