Adeus Twitter, Adeus followers…

passeig de gracia

Ana no Passeig de Gràcia en Barcelona

…, adeus hashtags en galego, adeus visitas aos meus posts, cando posicionaremos… A creación e a responsabilidade xudicial son do departamento técnico de Equipaxe de man. Algún día traeremos ese talento a esta parte do blog. Os versos saíron nunha conversa na que discutiamos que cousas facer no blog e nas redes sociais a semana que vén; o día 17 de Maio celébranse o Día das Letras Galegas e o Día de Internet e a nós parécenos que non son excluíntes.

Equipaxe de Man naceu, entre outros motivos, para axudar na loita por un espazo para o galego na rede. Botádesnos unha man?

Dende xa e ata o domingo 17, queremos que compartades con nós nas redes sociais, en Facebook, Twitter ou Instagram, fotos nas que aparezades cun libro en galego usando o hashtag #AdeusTwitterAdeusFollowers. Contádenos en que parte do mundo estades e que ledes. Tamén podedes gravar un pequeno vídeo lendo algún texto en galego que escollades. Ou simplemente usar o hashtag para compartir con nós que facedes ou como celebrades a semana das Letras Galegas.

JaviMos

Javi Mos comeza polo principio

Festiletras 2015

festiletras

Foto: facebook.com/Festiletras

Xa sabedes que a orixe de Equipaxe de man está na Costa da Morte. Na aldea do Couto, en Ponteceso, celebran como en ningures as Letras Galegas. No Festiletras 2015 hai nomes como Víctor Freixanes que lerá o pregón, Xosé Neira Vilas, Luis Davila ‘O Bichero’, Manuel Rivas, Xurxo Souto e Pazos de Merexo, Amancio Prada e Guadi Galego… Botádelle un ollo ao programa completo.

A semana que vén visitaremos o Festiletras e falaremos tamén sobre que implica escribir en galego na rede e que podemos facer para contribuír a que iso cambie.

Unha reflexión sobre “Adeus Twitter, Adeus followers…

  1. Pingback: Dicionario galego – internet, internet – galego | Páxina 81 | Marketing de contidos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>