Açores é nome de paxaro

sete-cidadesPara aqueles que adoran pasar nun mesmo día por diferentes estados de ánimo, non hai mellor lugar que as Illas Açores. Din os das illas que nun só día pasas polas catro estacións: verán, inverno, outono e primavera, e non é para menos, xa que dependendo da hora do día ou da parte da illa na que te atopes, vas suar o que non está escrito, vas pasar frío e sentir un lixeiro picor na gorxa, vas estar moi tranquiliño pensando que o tempo quedará así e vas correr para a taberna máis próxima a refuxiarte das choivas tropicais.

P1070890 copia

E é que a Região Autónoma dos Açores, é e máis non é Portugal, polo menos, no que ao clima se refire. As 9 illas, situadas a medio camiño entre Europa e América, foron descubertas polos portugueses, ¿cómo non? alá polo ano 1420. Dende entón fluxos de paisanos do Alentejo e do Algarve portugués deixaron as súas áridas terras para ir a vivir ás illas, ó igual que farían outros colonos de Francia, Flandes e outro países europeos.

Aínda con todo, as illas teñen máis aire portugués do que doutros países, mesmo que só sexa por aquel empedrado resbaradizo que conforma o chan de todo Portugal, ou porque, (non nos enganan), ese licor de guindas ginginha e ese bacalhau son ben parecidos ós que fan no que eles din “o continente”.

Para ser francos, e usó visitei a illa de São Miguel, e é que 5 días non dan para máis, e máis tendo en conta que ó que ía á illa, era a bucear. Sí sí, bucear, as augas non son tan quentes como as de Tailandia, pero o que se pode atopar naquelas augas, por zonas frías, por zonas quentes, non ten prezo: baleas, focas, tartarugas, corais de mil cores, todo tipo de peixes bonitiños, -non nos poñámos técnicos-, polbos, golfiños… sen dúbida un paraiso para os mergulladores.

Entre inmersión e inmersión sempre hai tempo para darse un paseo polo casco histórico de Ponta Delgada, a capital da illa de Sao Miguel, pasear entre as súas rúas enmarañadas e ver as casas e balcóns dos séculos XVII co seu estilo colonial do arquipélago.

P1070871 copia

P1070865 copia

P1070854 copia

P1070859 copia

Saíndo xa do casco histórico, e achegándose ó porto, é onde imos a atopar algún que outro stand onde se ofrecen excursións para ir a coñecer a illa. Non hai moito transporte público, así que só nos queda reservar praza nun destes servizos ou alugar un coche privado. Estas excursións organizadas vannos a levar os principias puntos de interés da illa, a Lagoa do Fogo, a Caldeira Velha, as Furnas, Sete Cidades, ou Lagoa do Congro.

P1070941 copia P1070938 copia

P1070899 copia

P1070902 copia

A idea é calzar as botas de montaña, e prepararse para subir e baixar, pasar frío e calor, descubrir praias vírxenes, lagos e lagoas de cores impresionantes, vexetación que todo o inunda, pozas naturais de auga quente, cascadas, impresionantes xardíns, e en definitiva unhas paisaxes dificiles de atopar noutros lugares, e non só polo verdor ou espesor da flora, se non, sobretodo, porque probablemente vaias a ser dos poucos viaxeiros que haxa na illa. As Açores son o destino turístico máis sustentable do mundo, segundo QualityCoast , o maior programa internacional de certificación de turismo sustentable.

Outro aspecto relevante e tamén sustentable da illa, ó meu parecer, é a gastronomía. Case todo o que se come na illa procede da illa, tendo unha calidade espectacular en carnes, productos lácteos e froitas tropicales. Os pratos da illa son ben contundentes, como se tivesen que sufrir as inclemencias dun inverno galego, para logo rematar o xantar (o que para os portugueses sería o almoço) con calquera sobremesa a base de froitas tropicaies, a miña preferida, a piña. Teñen unhas piñas de producción propia, máis pequenas das que estamos afeitos a ver por aquí, e que de tan pequenas que son concentran todo o sabor, e máis, no tamaño dunha man.

P1070911 copia

P1070914 copia

¿Qué máis dicir da illa? Se houbese un top five de viaxes vitais, este sen dúbida estaría na lista, illa fermosa onde as haxa, lugar tranquilo para estar con un mesmo, e tamén con aqueles poucos que vas coñecendo polo camiño, natureza de infarto, comida tamén de infarto, …

Por certo, ide preparados, o seu portugués é un pouquiño extraño, pode recordar a un francés de Quebec, pero isto igual son cousas miñas…P1070863 copia

Algunhas recomendacións:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>