A riqueza arquitectónica de Rotterdam

A Centraal Station de Rotterdam reconstruiuse recentemente

A Centraal Station de Rotterdam reconstruiuse recentemente

Co bo sabor de boca que deixa Amsterdam e coa gran cantidade de cousas que podes facer gratis na cidade aló collemos o tren, que en pouco menos dunha hora, nos levou ata Rotterdam.

Probablemente Rotterdarm é un dos mellores escaparates da arquitectura moderna de Europa. O chip dos canais logo se che cambia polo do cemento e o cristal, pero dun xeito distinto ao que estamos acostumados a ver.

Imos pasar só un día na cidade e decidimos percorrela a pé, así que a xornada comeza na Station Rotterdam Centraal. O propio edificio da estación e a súa contorna merecen uns minutos de contemplación.

O mercado de Markthall de Rotterdam construiuse no 2014

O mercado de Markthall de Rotterdam construiuse no 2014

A tan só dez minutos – andando – da estación de tren está o Markthall, a última construcción futurista da cidade. Case sen querelo acabas dentro deste edicifio con forma de ferradura. O interior impresiónate un pouco máis cando descubres máis de cen postos de flores, pan, doces, queixos, viños (incluso hai Mar de Frades por alí) restaurantes (dous españois)…

Un arquitecto holandés deseñou estas 38 casas cubo que están no centro da cidade

Un arquitecto holandés deseñou estas 38 casas cubo que están no centro da cidade

Xunto á saída deste mercado interior xa te atopas con outras das construccións típicas da cidade; o Kubuswoning (ou as casa-cubo). O arquitecto holandés Piet Blom deseñou estas 38 casas con forma de cubo no ano 1984. A maioría dan aspecto de estar abandonadas e outras parecen que albergan oficinas. Deixando a un lado a utilidade destas construccións, son motivo de atracción para a maior parte dos turistas que visitan Rotterdam.

Blaaktoren, ou o edificio Lápiz, é outro dos máis emblemáticos da cidade

Blaaktoren, ou o edificio Lápiz, é outro dos máis emblemáticos da cidade

Case pegado ás casas cubo está o edificio lápiz, Blaaktoren, que como o seu nome indica ten forma de lápiz.

Uns tubos amarelos cobren a fachada do edificio que alberga a biblioteca pública

Uns tubos amarelos cobren a fachada do edificio que alberga a biblioteca pública

Na misma zona tamén está o edificio que alberga a Biblioteca Pública de Rotterdam que ten como peculiaridade uns enormes tubos amarelos pola fachada da construcción.

A ponte de Erasmus condúcenos cara o Wilhelminapier

A ponte de Erasmus condúcenos cara o Wilhelminapier

Deixamos o centro da cidade e dirixímonos ata a ponte de Erasmo – Erasmusbrug -. Xusto ao remate xa nos atopamos o Wilhelminapier, unha zona coñecida polos seus impresionantes “rañaceos”. Un dos máis impresionantes é De Rotterdam, que abriu no 2013 e que os seus 150 metos de alto nos obrigan reclinar o pescozo para poder ver o seu piso máis alto dende o que as vistas da cidade deben de impresionar.

O hotel New York está nun dos edificios máis emblemáticos da cidade

O hotel New York está nun dos edificios máis emblemáticos da cidade

Próximo a esta zona está un dos poucos edificios históricos que ten Rotterdam: o hotel New York. Antes de que se convertira nun hotel, aló polo ano 1993, ésta foi a sede dunha empresa de cruceiros entre Rotterdam e Nova Iork.

Estas duas semiesferas frotantes, Drijvend Paviljonen, albergan un centro de innovacion

Estas duas semiesferas frotantes, Drijvend Paviljonen, albergan un centro de innovacion

Camiñamos dirección ó Spanjaardsbrug – a ponte dos españois – e cruzámonos con dúas semiesferas frotantes, Drijvend Paviljonen, que albergan un centro de innovación no que se celebran eventos de toda indole.

O edificio do concello de Rotterdam foi un dos poucos que resistiu o bombardeo dos nazis

O edificio do concello de Rotterdam foi un dos poucos que resistiu o bombardeo dos nazis

O percorrido a pé por Rotterdam completámolo cun paseo en barco polo porto de Rotterdam – un dos máis importantes do mundo – do que xa falaremos noutro post. Toca volver para a zona da estación de tren para regresar a Amsterdam pero non sen antes visitar o casa do concello de Rotterdam; un dos poucos edificios que sobreviviron ao bombardeo nazi que destruiu a cidade case por completo no ano 1940.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>