A pegada romana de Tarraco

O Pont del Diable

Pont del Diable ou acueduto de Ferreres está situado a uns catro quilómetros de Tarragona

A antiga Tarraco foi o primeiro e máis antigo asentamento romano na Península Ibérica e capital da provincia Hispania Citerior. De gran importancia para o Imperio romano, serviu de modelo a outras capitais de provincia e ao desenrolo de plans urbanísticos romanos. Propóñovos unha ruta polo amplo legado romano da cidade e o seu entorno, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000.


A parte máis antiga da cidade correspóndese coa Muralla, a primeira gran construción que os romanos levaron a cabo en Tarragona -con sucesivas ampliacións nos séculos XVI e XVIII-. Na súa orixe tiña unha lonxitude de catro quilómetros, dos cales se conserva pouco máis de un. No Passeig Arqueològic, unha vía peonil que circunda a muralla, atópanse esculturas dedicadas ao emperador Augusto e a loba capitolina, ambos regalos da cidade de Roma.

Muralla

Escultura do emperador Augusto emprazada no Passeig Arqueològic

Preto da muralla, na parte alta da cidade, atópase o Circo, que podía albergar arredor de 23.000 persoas. Erguidoa finais do século I despois de Cristo, aínda se conservan parte das gradas e as monumentais portas de acceso.

O anfiteatro

O Anfiteatro de Tarragona foi escenario de épicas loitas entre gladiadores e feras

Pero se teño que elixir entre todos os monumentos da cidade, quedo sen dúbida co Anfiteatro, por estar xusto ao lado do mar, formando unha imaxe difícil de esquecer. As súas ruínas están situadas entre o Parc del Miracle e o Mediterráneo, onde se celebraban épicas loitas entre gladiadores e feras, un dos espectáculos máis populares nos tempos do Imperio. A maioría das gradas do anfiteatro romano –con capacidade para uns 14.000 espectadores- foron escavadas na rocha no século I despois de Cristo.

Dende Cádiz a Roma, pasando por Barcelona e a Galia, a Vía Augusta foi eixo principal da rede viaria na Hispania romana. Se seguimos o seu rastro atoparemos outros monumentos romanos que malia que non se inclúen na cidade, está moi ben coñecer. Entre eles, o Acueducto de Les Ferreres, tamén coñecido como Pont del Diable, situado a uns catro quilómetros de Tarragona. Os seus 27 metros de alto e 217 metros de longo foron levantados no século I antes de Cristo co fin de subministrar auga dende o río Francolí á cidade.

A torre de les Escipions é un

A Torre dels Escipions é una das tres torres funerarias mellor conservadas da Península Ibérica

Seguindo o trazado da antiga Vía Augusta –agora N340- levántase a Torre dels Escipions, unha das tres torres funerarias mellor conservadas da Península Ibérica, xunto coa Torre Ciega de Cartagena e a Torre de Sant Josep de Villajoyosa.

O Arc de Barà

O Arc de Barà foi construido durante o reinado do emperador Augusto

Na mesma estrada e xa para concluír atoparemos o máis afastado dos monumentos romanos: o Arc de Barà. Trátase dun arco de triunfo construído a uns 20 quilómetros de Tarragona durante o reinado do emperador Augusto, que xunto cos outros restos converten ao conxunto arqueolóxico de Tarraco nun dos máis importantes da Hispania Romana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>