A Nova York, Nova York de Woody Allen

A Nova York de Woody Allen

Din que ao longo da vida debes escribir un libro, plantar unha árbore e ter un fillo. Eu soño con producir unha película, tirarme en paracaídas e viaxar a Nova York.

Sen ninguna dúbida, a culpa de esto último tena un baixiño un pouco feo, obsesionado tanto co sexo como coa morte, clarinetista no seu tempo libre e asiduo ao psicólogo: Woody Allen. Por esta razón, escribo esta entrada con “Raphsody in Blue”, de George Gershwin, como pano de fondo e, pola mesma, anímovos a continuar léndoa con “S Wonderful”, obra do mesmo compositor, como banda sonora.

Penso que algún día amencerei no Hotel Carlyle, ese día no que teña cartos para hospedarme nun aloxamento de cinco estrelas do Upper East Side, e atopareime con Dianne Wiest e Woody Allen almorzando na cafetaría. Se o vedes como un imposible, estades cheos de razón pero, con sorte, tropezareime cun clarinete acompañado do cineasta, pois os concertos do director no café son máis que habituais. Tras o almorzo, gozarei dunha mañá paseando polo zoo de Central Park, entre pingüíns e osos polares, ou pola península de Coney Island, entre a praia e as atraccións de feira, enclaves ámbolos dous da película “Annie Hall” (1977). Comerei na Pizzería Johns, en Greenwich Village, mentres respirarei a historia da cidade, pois ademais de ser unha das máis antigas de Nova York (data de 1929) as súas paredes están cubertas de fotos históricas da Gran Mazá. Pasarei a tarde entre o Madison Square Garden, o Parque Bryant e a Metropolitan Opera, todos eles lugares presentes en “Misterioso Asesinato en Manhattan” (1993). Cando, ao anoitecer, comece a refrescar, refuxiareime no Radio City Music Hall, o teatro mais importante do país e escenario principal de “Dias de Radio” (1987), onde conto con disfrutar dalgún bo espectáculo como “The Radio Christmas Spectacular”, os Premios Grammy e os MTV Video Music Awards, ou o estreno dun filme á  usanza americana. E o mellor, como sempre, para o final; só resta despedirme dun día de “ensoño” sentada no banco (de atrezzo) do Queensboro Brige, entre Queens e Long Island City, alí onde Woddy Allen susurra a Diane Keaton “Esta é unha gran cidade, non me importa o que digan os demáis, ¿non é certo?”

Despois deste día, só me quedaría producir unha película e tirarme en paracaídas, pero se ti quedaches con apetito de mazá e tamén gustas deste loco baixiño, non esquezas meter na maleta “El Nueva York de las películas de Woody Allen” (Electa), onde María Adell e Pau Llavador guíante pola cidade a través de 75 localizacións presentes nas películas do director.

3 reflexións sobre “A Nova York, Nova York de Woody Allen

  1. Iria

    Un bonito soño cunha mais que digna banda sonora…gustoume moito o paseo polas nubes…quizas votei en falta un mapiña para os que carecemos de sentido da orientacion :)
    un bico grande.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>