A maleta dun pseudorunner con acompañante canina

maleta_David_equipaxe

Advertimos que as imaxes que imos publicar a continuación poden ferir a vosa sensibilidade. O equipo de Equipaxe de man estamos a punto de abrir as nosas maletas para que descubrades que levamos para as nosas vacacións. Eu digo que me gusta saír correr, e os runners convencidos penso que non perdoamos nin as vacacións. E hai uns meses que vivo e traballo con Lena, unha galgo que devece por subirse ao meu coche vaia onde vaia. E todo iso ten que entrar na equipaxe.

Cámara. Moi orixinal xa o sei. Pero a cámara de fotos ten que estar na miña maleta. Porque é a mellor maneira de gardar viaxes e de aforrar a batería do móbil.

Zapatillas para correr. Un amigo co que adoito saír correr díxome que sempre que vai de viaxe metía as zapatillas na maleta. E pareceume unha gran idea. É outra maneira de coñecer un lugar e a rede está chea de recomendacións e rutas para case todas as cidades do mundo.

Mochila de cordóns. Todo runner ten unhas cantas destas na casa. Son baratas e moi útiles. Para meter a toalla e un libro se imos á praia ou a cámara e a libretiña se toca facer turismo.

Libretiña. Recomendación de Ubi que debedes seguir ao pé da letra. Que lembrades da última viaxe que fixestes? Facede unha lista dos sitios nos que estivestes e das persoas ás que coñecestes. Non viaxedes por viaxar.

As cousas de Lena. Teño moito que aprender en cuestións de perriturismo. Non me vexo metendo a Lena nun avión pero Natalia dábanos esta semana unha boa idea para desfrutar cos nosos amigos peludos nun lugar marabilloso. A partir de agora teño que meter na maleta unha pelota, un frisbee, o peluche que ela escolla, etc.

Libro. Podedes levalo da casa ou mercalo na cidade á que vaiades. Dependendo do destino e da duración da viaxe, pode ser boa idea cambiar libro en papel por libro electrónico; obrigatorio se sodes amantes da lectura e só levades equipaxe de man.

Tableta. Ou ordenador portátil. Xa sei que estamos de vacacións pero un autónomo que se adica á comunicación online ten que meter no fondo da equipaxe un dispositivo que lle permita solucionar calquera emerxencia. Unha tableta cun pequeno teclado pode solucionar moitos problemas se non deixamos a ninguén ao cargo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>