A equipaxe de man de… unha viaxeira que busca sol

Nesta maleta azul colle a equipaxe para unha viaxe de dous días como para  unha de oito

Nesta maleta ríxida colle a equipaxe para unha saída dunha fin de semana como para unha viaxe de oito días

Tócame ensinarvos a miña #equipaxedeman. Despois dos longos meses de inverno que temos pola Costa da Morte necesito coller a maleta na procura do sol. Así que, ¡aló imos!

Maleta. Gústame que sexa ríxida. Paréceme que vai todo máis protexido (manías miñas…) ainda que tamén creo que collen menos cousas. Así que esta azul é unha das miñas favoritas tanto se vou unha fin de semana para as rías Baixas como se estou oito días en Londres. Adápatse a calquera tipo de viaxe.

Móvil. Ainda que non lle faga moito caso durante a viaxe, necesito ter esa sensación de estar “comunicada”. Así que o móvil e o cargador sempre me acompañan.

Cámara. Xa non revelo ningunha foto das que saco, pero aínda así gústame ter “na nube” imaxes de todas as miñas saídas. Ésta foi un regalo moi acertado, porque é unha cámara compacta moi xeitosa para viaxes (ocupa moito menos ca unha réflex e as imaxes son de moi boa calidade).

Kit playuqui. Xa vos dixen que ésta era a miña equipaxedeman para un finde na que vou en busca do sol. Así que metín na maleta o kit playuqui composto pola toalla, un sombreiro, a crema solar (que a compro en Érbedo Parafarmacia a moi bo prezo, dito sea de paso…) e un libro que sexa pequeno e que me ocupe pouco espazo. Ah, e o bikini ;)

Roupa: Na miña maleta, vaia a onde vaia, sempre levo un pantalón vaqueiro e unha camiseta negra. ¡Propios para calquera ocasión! E tamén, metín as zoco-sandalias de Eferro que son comodísimas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>