A equipaxe de man de… unha furgoadicta

Maleta Mar

Aínda chego a tempo a traervos os meus imprescindibles na maleta de verán?
Cóntovos algo? Non é unha maleta… Ultimamente, o meu é unha caixa. Recordades que son unha nova furgoadicta?

E cóntovos un segredo? Xa fun de vacacións, xa volvín e xa case non as recordo… Pero é que a miña semaniña de vacacións chegou tan rápido que non me deu tempo a nada. Cando chegaron eses días, só pensei en meter as cousas moi rápido na miña caixa, subirme na furgo e perderme… Agora, con máis calma e máis tempo, xunteinas de novo, xa lavadiñas e preparadas para seguinte experiencia, para que vós as vexades.

Apetécevos curiosear nela? Remexede, remexede…

1. O principal para arrancar son as chaves. Ademais, este ano estreamos un I+D que consiste nunha chave sen circuíto eléctrico, que nos dá a liberdade de levala encima incluso cando estamos na auga.

2. As gafas de sol, a toalla e o traxe de baño son uns imprescindibles. E máis este ano, que furgoneteamos doce horas para chegar a Tarifa.

3. Vestidos, sandalias, pantalóns, camisetas,… ata ateigar a miña caixiña. Que, nunca se sabe, e sempre vai chea de “porsis”…

4. Unha caixa a rebosar de útiles de cociña e outra de comida.

5. Un libro, para os intres de relax.

6. A cámara de fotos, para retratar momentos que, co tempo, se converterán en xeniais recordos; e os folios “miniguía” coas rutas, os sitios imprescindibles a ver, as curiosidades do lugar, etc.

7. E algo que non se ve na imaxe: as ganas de non pensar en nada, de descansar, de encher a mochila de recordos, de imaxes, de sensacións distintas, de tempo morto na rutina do día a día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>