A equipaxe de man de… unha convidada especial

 

Helena ten sete anos

Helena ten sete anos e na súa maleta con cara de moucho caben moitos soños e moitas ganas de diversión

Xa levamos uns cantos post falándovos do que levamos na nosa #equipaxedeman. Ben, pois esta fin de semana tiven unha visita (moi especial) na miña casa. Así que decidín abrir a súa maleta para ver que o trouxo dentro dela…

Bueno, antes de nada, debo dicirvos que Helena é para min algúen moi, pero que moi especial. Só ten sete anos e en canto lle dixen que quería sacarlle unha foto a súa maleta para publicalo aquí abriuna inmediatamente. Ela enténdeo así de ben porque no seu cole teñen un blog no que nos contan o que fan día a día… así que lle parece moi normal que a súa madriña teña un blog con outros amigos no que contan as súa viaxes. Canto saben estas novas xeracións! ;)

Imos ver que trae Helena:

Maleta. Ten a cara dun moucho con rodas pero aquí dentro collen moitos soños e moitas ganas de divertise.

Roupa deportiva. Ante todo, buscamos comodidade por se hai que ir xogar ao parque ou andar toda a tarde na bici. Así que o mellor look é un chandal, unha camiseta e unas zapatillas.

Roupa de dormir. A troula está ben… pero cando cae a noite precisamos unha boa ducha e para cama. Que mañá é outro día!

Cepillo de dentes. Dende que llo regalaron, non se separa del. Non sei se é porque é rosa e ten unhas princesas debuxadas ou pola sensación de pracer que dá ter os dentes limpos despois de estar todo o día comendo chuminadas.

Colonia. Nunca pode faltar! Porque aquí onde a vemos a miña Helena éche moi presumida.

Dentro duns anos volveremos a abrirlle a maleta a Helena! A ver se nos deixa….

Unha reflexión sobre “A equipaxe de man de… unha convidada especial

  1. Sandra

    Palabras fermosas que son tan grandes que non collerìan en ningunha equipaxe de man ao igual que grande è en tòdolos sentidos quen escribiu isto.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>