A equipaxe de man de… alguen que fai a maleta a última hora

A equipaxe de man de Ana

Xa contei neste blog que teño un trauma con facer maletas e sempre espero á última hora para preparar todo. Isto, claro está que pode ser bastante estresante, e sólo é apto para unha personalidade zen (como a miña vamos).

Pero hai unha serie de cousas que non poden faltar na miña equipaxe, e que non se me esquecen nunca:

  1. O meu kindle. Non imaxino o meu mundo sen os libros, ainda que sexan electrónicos. Na miña equipaxe non poden faltar (para o avión/tren, para a praia, para tirarme ao sol ou para tirarme á sombra). ¿As lecturas? Básicamente literatura, e procuro  levar o kindle cargado con lecturas sobre o sitio que visito ou de autores de alí.
  2. Unha guía de viaxe. Recordo as miñas primeiras viaxes nas que lía toda a información que atopaba sobre o destino, que semanas antes de ir xa me coñecía os sitios que visitar, os bares de moda, os restaurantes baratos… En cambio a planificación agora cada vez tende máis a cero e por iso me gusta comprar unha guía de viaxes e aproveitar o tempo nos transportes para ler sobre o destino que estou visitando e para consultar información sobre monumentos e sitios.
  3. A cámara de fotos
  4. Un pano grande. Ten tantos usos durante unha viaxe que podería escribir un post só con iso: protexerse do sol, falda/vestido, toalla para un baño improvisado, protexerse do frío, mantel para un picnic, sentarse, cubrirse nos sitios que o protocolo de acceso o esixe…
  5. Protección solar
  6. Gafas de sol. Oh yeah! En Italia aprendín que son un básico do día a día.
  7. Navalla. Regalouma o meu avó cando me fun a vivir fóra de casa e aínda que ao principio me desconcertou bastante o regalo, agora é das cousas máis útiles que me regalaron nunca. Nunca se sabe cando se pode necesitar para abrir un aguacate ou para facer un bocadillo. Vale… isto non o podo levar na equipaxe de man dun avión.
  8. Bolsa (modelo tote bag). Non podo prescindir dela, e se se me esquece, non é a primeira vez que a teño que comprar alá onde vou. En xeral nesta bolsa levo todo o que hai nesta lista e todo o que me vou atopando na viaxe.

Esta lista sempre vai medrando cun montón de “porsiacas” como di Jenni (nin ela meteu na súa maleta de verán a prancha do pelo nin eu na miña o meu secador, pero ambas sabemos que con estes aparellos se forxan amizades duradeiras).

Debería aprender de Adri e levar sempre a libreta e o boli, pero ela é xornalista, e con esa profesión o mono de escribir lévalo sempre consigo.

Se alguén me dixera fai uns meses que eu hoxe me plantexaría incorporar algunha cousa da maleta do pseudorunner á miña, estou segura de que me daría tanto pánico a equipaxe deportiva como a equipaxe canina, pero na miña última maleta xa se colou algún dos accesorios que el leva (espero que a outra parte non se me pegue tamén).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>