A Costa da Morte, con “Discover Galicia”

IMG_0657

Muxía

O outro día Cris, falábanos duns tours por Lisboa e eu hoxe quería falarvos de tours pola nosa terra. Pero non eses tours guiados de grandes autocares, horarios de recollida e decenas de xente, senón dunha compañía que ensina o mellor de Galicia a viaxeiros de todo o mundo, en grupos reducidos, dunha forma amena e cun trato case familiar. Esta é Discover Galicia. Esta compañía fórmana varios guías que ofrecen visitas guiadas a Costa da Morte, Rías Baixas ou fronteira con Portugal, pero aos que tamén lle podes pedir un tour á carta.

Pontemaceira

Pontemaceira

Fai uns meses tiven a oportunidade de redescubrir a Costa da Morte ao seu xeito. Sabes cando che falan ben de algo ou de alguén e tes a necesidade de coñecelo en persoa? E que si concordas coa xente que che conta a experiencia pasa a ser doblemente satisfactoria? Esto é o que me pasou a min con Discover Galicia.

Pontemaceira

Pontemaceira

Extraodinario día é pouco: 8 horas de viaxe ameno, quilómetros en boa compañía, explicacións e curiosidades do máis interesantes e unha chea de tesouriños da nosa terra por ver, da man de Angélica.

IMG_0661

Aquel día, saímos de Santiago de Compostela dirección Muxía. A primeira parada foi Pontemaceira: Espectacular aldea medieval de onde se conserva a ponte de orixe romano. O verde da paisaxe conxúgase á perfección coas fervenzas que fai o río Tambre o seu paso. Tamén entramos nun muíño onde Angélica nos explicou a vida que se formaba en torno a estas construccións, as familias que ián a moer o millo, as tradicións…

Pedra dos Cadrís, Muxía

Pedra dos Cadrís, Muxía

A seguinte parada: O Santuario da Virxe da Barca, en Muxía. O lugar é máxico, a pesar do tráxico incencio que o 25 de decembro de 2013 destruiu o interior da igrexa. O día que a visitamos, os andamios daban fe das obras que se estaban a levar a cabo. A pasada semana santa, o santuario reabríu as suas portas, despois de case ano e medio de traballos de restauración. Aquí coñecimos as lendas en relación coa pedra de Abalar, a pedra do Cadrís e o record de ondas de 22 metros nos temporais de invernos pasados.

Cabo Fisterra

Cabo Fisterra

De Muxía continuamos a Fisterra. A pesar de que o centro da vila se explotou coa carencia dun bon plan urbanístico, o cabo onde se atopa o faro segue a ser un lugar cheo de significado: a fin do mundo, meta do Camiño, lugar de purificación, onde deixar atrás o negativo e reiniciarse.

Faro de Fisterra

Faro de Fisterra

Despos de quentar a cara no faro e respirar o aire do mar, o estómago xa pedía reconforto, así que de Fisterra nos diriximos a un bo restaurante para comer. O precio do tour guiado inclúe a comida. Dicover Galicia elixe bos restaurantes, nos que a cantidade e calidade dos productos, fan que saias co badullo ben cheiño.

E, en marcha de novo, dirección Ézaro, en Dumbría, para ver a coñecida fervenza. Seguro que moitos xa sabedes, que o Río Xallas é o único río europeo que desemboca en forma de fervenza. A pesar de que a auga esta regulada pola central hidroeléctrica que alí se atopa, a estampa é marabillosa. Pódes aproximarte moito para sacar boas fotos ao pé da fervenza gracias a un corredor de madeira ao pé da desembocadura. Todo o entorno en sí está ben coidado e na actualidade conta cunha oficina de turismo.

Fervenza do Ézaro, Dumbría

Coma o día estábase cubrindo, diriximonos rápidamente ata o Monte Pinto para comtemplar a piasaxe. Foi unha mágoa que as néboa fora cerrando a vista de toda a praia de Carnota que dende alí se avista.

Monte Pindo

Monte Pindo

Foi unha xornada xenial, imaxinaredes. Pero ademáis das visitas aos puntos de intereses, Angélica é unha profesional, que che pode falar de tradicións, do carácter da xente, as lendas, a vida do mar, do campo, unha clase de historia do máis divertida. Podo asegurarvos que non me sentín sumida na “típica” excursión, senon no día que colles a frugo cos amigos e vas de ruta.

So me queda, volver a dar un enorme gracias dende aquí a Discover Galicia e a seguir reconmendándoo. Coñecer zonas de Galicia da man de este equipo non ten prezo. Bueno sí, pero asegúrovos que tendo en conta quilometraxe, comida e explicacións, o precio é o máis competitivo dos tours que exiten agora mismo. Ademáis se estades aloxados nun hotel, recóllenvos e deixanvos na porta do hotel.

Pódedes ver que a miña opinión só é unha máis na suma de alabanzas que reciben estos profesionais en Trip Advisor.

Máis info: http://discovergalicia.es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>