8 razóns polas que hei de volver a Cádiz

Tarifa-CadizEste verán un vento do norte levoume a coller a furgo e baixar ata Tarifa. Cando o vento do sur, nove días despois, me trouxo de volta a casa, xa non había volta, comigo viñan tamén as ganiñas de volver. E… por que?

1. Porque quero volver ver atardeceres observando África. Pensádeo. Vestido de verán, unhas chanclas e un banco; o mar rompe aí debaixo, case aos pés, e ao fondo, outro continente; nada máis, tanto como iso; mentres, o sol, imparable, vaise escondendo.

2. Porque podo almorzar en pixama de verán fora da furgo. Séntaste na mesa pola mañá co café, e o sol xa agarima as costas.

3. Porque ten lugares marabillosos. Dende a que foi a miña zona base, Tarifa, puiden percorrer inmensas praias como Valdevaqueros ou Bolonia, as encantadoras pequenas Calas de Roche, e vilas de interior como Vejer de la Frontera. Non podo escoller!

4. Porque Tarifa demostra que outro xeito de vivir é posible. A música, o ambiente, a tranquilidade, a calma, os sorrisos, etc.

5. Porque a desconexión alí é xenial. O día da chegada, pola mañá amencín no caos da cidade para chegar a durmir na calma do acampamento. Cando te levantas, xa non recordas a xente pitando nos coches, nin o teléfono soando a todas horas.

6. Porque me quedan moitos sitios por descubrir.

7. Porque quero aprender surf. Ou windsurf, ou vela, ou… E Cádiz, en xeral, é un sitio ideal para aprender calquera tipo de deporte relacionado co vento e coa auga. Hai moitas escolas, moitos amateurs, moitos especialistas, moitos…

8. E… porque, con todo isto que vos contei, como suporedes, alí os problemas, de habelos, relativízanseche.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>