7 Visitas imprescindibles en Bolivia

IMG_2101

Xa van a facer uns cinco anos despois do meu paso por América do Sur, un ano no que gracias a unha bolsa Erasmus Mundus puiden traballar e dar clase na Universidade Nacional de Tucumán en Arxentina, e como tal, disfrutar dunhas boas vacacións de profesor universitario.

Non era de recibo aproveitar esas vacacións para vir á casa a ver á familia, que a familia sempre estará, pero na Arxentina non é que se poidan pasar moitas tempadas na vida. Decidín entón facer unha viaxe de máis dun mes que me levaría polo Noroeste Arxentino, Bolivia, Perú, Chile e volta a Tucumán.

Unha viaxe na que en cada parada se ía sumando xente de todas partes do mundo, ata chegares a ser máis de 8 compañeiros na cúspide, no Machu Picchu.

Nesta entrada de hoxe quixera compartir con vós cómo foi cruzar Bolivia, un territorio incrible, cunha paisaxe surrealista que combina deserto, salares, selvas e formas imposibles.

  1. Abandonamos Arxentina e entramos en Bolivia pola fronteira de La Quiaca, onde se non queres sufrir principio de mal de altura, terás que afacerte a mascar as primeiras follas de coca, ou beber medio litro de infusión.la-quiaca
  2. Na viaxe en tren de La Quiaca á cidade de Oruro, impresincible coller un ventaniña para poder ir admirando a paisaxe mentras saboreas a cervexa Huari, unha das máis ricas do país.vistas tren a oruro
  3. Salar de Uyuni, un dos lugares do mundo máis retratado nas famosas listas de blogs e revistas de viaxe como un dos sitios ó que deberías ir si ou si, e non é para menos. Trátase dunha extensión na que non ves fin de sal e máis sal, non sendo pola visión dos Andes ó oeste, ou da Illa Incahuasi no medio do salar, con impensables cactus de máis de 10 metros de altura. Demencial.salar-de-uyunihincahuasiuyuni
  4. Potosí. Xa dicía Cervantes que algo moi valioso, ben “vale un Potosí”, e é que para os españois esas minas trouxeron moitísimos beneficios, claro está, gracias á explotación dos “miteros”, que así lle chamaban ós indígenas que traballaban cavando túneles e extraendo a prata a pico e pala.potosi_1
  5. Xa chegados a La Paz, o primeiro que hai que facer é ir ó mercado a comprar máis folla de coca, e non parar de masticala. A altura xa se fai notar, sobretodo se chegas en avión desde calquer outra parte do país ou do estranxeiro. Logo é imprescindible pasearse polas rúas, coñecer ás cholitas, e comer algún dos impronunciables platos máis famosos da cidade: thimpu, wallacke, wilaparka, charkecán, etc.cholitasla-paz
  6. O Lago Titicaca e a Illa do Sol. Para moitos, os lugares máis espectaculares de todo Bolivia, e mesmo de América do Sur. O lago, é famoso por ser o máis alto do planeta, xa que se atopa a unha altura de máis de 3.800 metros, e tamén por ser considerado un lugar de culto cheo de misterios, lendas e ritos chamánicos. No lago atopamos a fermosa Illa do Sol, un lugar para cruzar a pe, de punta a punta, coa compañía dun guía que poida ir introducíndote no mundo Inca.IMG_2196 copiaIMG_2207 copia
  7. Se pensas que a vida é para disfrutala e o risco forma parte diso, non hai mellor plan en Bolivia que descender a chamada “Carretera de la Muerte” en bicicleta, unha actividade á que se lanzan os máis atrevidos, e sen dúbida non é apta para tódolos públicos.IMG_2126

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>