25 viaxes que facer antes dos 30 anos

A web da revista Condé Nast Traveler ten uns artigos do máis inspiradores para os que soñamos con andar sempre de viaxe. Ollo! Se tes algo importante que facer, non pinches o enlace porque é imposible non perder un bo anaco lendo e vendo fotografías. Eu sempre acabo pechando o navegador cun mono de viaxar tremendo.

Como xa expliquei nalgunha ocasión: encántanme os rankings e as listas, e se encima as podo comparar ca miña experiencia viaxeira, pois mellor que mellor. Por este motivo un artigo sobre as 25 viaxes que hai que facer antes de cumprir os 30 anos, non ía pasarme desapercibido. Na súa web están máis detallados os diferentes destinos, pero esta é a lista para que poidades ir comprobando como ides de tempo en función das viaxes que fixestes. O autor di que polo menos hai que visitar 20 destes lugares antes de “sentar cabeza” e deixarse levar por responsabilidades varias:

1. Barcelona
2. Madrid
3. Ámsterdam
4. San Sebastián
5. Berlín
6. Budapest
7. Andorra
8. Estambul
9. Bilbao
10. Granada
11. La Habana
12. Tailandia
13. O Algarve

Panoramica estambul

Cando ía polo ecuador da lista, xa empecei a sentir un agobio pensando todo o que me queda por visitar… Sólo coñezo 3 destes 13 sitios! Ti cantos sitios da lista poderías marcar?

Ahora quero viaxar a todos e cada un deles. Resistín o impulso de poñerme a mirar voos baratos de inmediato, pero non me resistín a pensar nos compañeiros ideais para cada unha destas viaxes.

Seguimos coa lista… a ver se a cousa mellora:

14. Illas Baleares
15. Londres
16. Marrakech
17. Nova York
18. París
19. Praga
20. Venecia
21. Salamanca
22. Roma
23. Lisboa
24. Sevilla
25. Las Vegas

Gustoume este ranking porque combina escapadas cortas e que se poden facer nunha fin de semana con escapadas e viaxes máis longos. Hai viaxes para todos os bolsillos e destinos do máis variado.

Xa dou por imposible cumprir todos os puntos da lista (teño 17 pendentes), pero apunto como prioridades viaxeiras antes dos 30 todas as escapadas en España que aínda non fixen (San Sebastián, unha Illa das Baleares, Salamanca, Granada e Sevilla). Todo un reto tendo en conta que me quedan menos de 8 meses para cumprir os 30 anos e tería que visitar 5 lugares diferentes… ¿conseguireino? o 23 de marzo de 2014 poderemos comprobalo. Como diría Barney Stinson: Challenge Accepted! tic, tac, tic, tac… haberá que ir tirando de trucos low cost para viaxar

2 reflexións sobre “25 viaxes que facer antes dos 30 anos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>