Cada rúa é un mundo na capital do xigante asiático. Mareas de xentes pola beirarúa, mareas de vehículos polo asfalto, mareas de formas para ir pola rúa en Beijing.
Comezamos en coche por estas vías que doblan as autopistas máis grandes de calquera país europeo. Aínda así quedan estreitas e o tráfico é terrible, non hai segundo en todo o día e a noite no que non pasen centos de coches. E efectivamente, esa neblina que vedes non é a tradicional néboa galega. Aquí, no corazón de Beijing non se ve o sol nin nos días máis despexados.
E iso que son todas as motos son eléctricas, e menos mal… A moto é outro dos vehículos máis utilizados e mesmo as rúas teñen un par de carrís lateriais especiais para os vehículos a dúas rodas. Ou tres, como estes fantásticos triciclos, semellantes aos “sincarnet” de aquí.
Sen esquecer o autobús, podemos considerar o metro o rei dos transportes en Beijing. Pasan e pasan e pasan, sempre cheos.
Atentos iso si, que non che pare a policía, non vaia ser que che meta nun destes carros blindados…
E imos cas cousas curiosas. Nestes países te decatas de que o concepto monovolume, furgoneta… non teñen moito sentido. Sempre hai espazo para algo máis. Un simple carro pode servir para transportar un negocio. E por suposto, viaxa polo medio da rúa, pelexando coas motos, os coches e os buses. Hai espazo para todos.
E o noso favorito: en bici, como non, un dos medios máis utilizados no xigante asiático. Deixamos un par de escenas, pois xa vemos que hai que limpa Beijing a golpe de bicicleta, e hai quen leva a casa a costas…
Pero este medio merece un post propio… i é que vivir en vídeo un paseo polas anchas rúas de Beijing non ten prezo.