Ubi

Ubi

Polonia- Rumanía (VI): Atravesando as chairas de Eslovaquia e Hungría

Solpor en Eslovaquia-Costa abaixo

Nada máis entrar en Eslovaquia disfrutamos deste solpor. A que parece costa abaixo?

De marca foi o noso paso por Eslovaquia. En apenas día e medio pasamos de estar en Polonia a entrar en Rumanía, e mira que parecen lonxe… Apenas 200 km separan a fronteira polaco-eslovaca e a húngaro-rumana, e máis que nada a tomamos como zona de paso.

Seguir lendo

“Ponteceso. Os Camiños do Mar”, finalista dos premios europeos “Patrimonio en Movemento”

O proxecto GAC  Ponteceso. Os Camiños do Mar foi elixido finalista dos premios europeos “Patrimonio en Movemento (“Heritage in Motion”, no seu título en inglés) na categoría aplicacións móbiles pola divulgación do 2.0 do patrimonio da Costa da Morte. O galardón entregarase este venres 25 de abril en Glasgow (Escocia, Reino Unido), durante as xornadas bianuais organizadas polos promotores (25 e 26 de abril). 

Seguir lendo

Fin de semana con Equipaxe de Man | Abacería O Batuxo

A Abacería O Batuxo, situada en Belesar, conta cun emprazamento inmellorable

Chegou a primavera e con ela o bo tempo, os días máis longos e as fins de semana nas que nos apetece máis facer pequenas excursións para pasear pola nosa terriña e descubrir novos lugares nos que gozar da nosa gastronomía! E a miña recomendación pasa pola Ribeira Sacra. Non é a primeira vez que ledes neste blog sobre as marabillas desta zona, así que aproveito para recomendarvos desta volta un lugar no que xantar ou cear: a Abacería O Batuxo, en Belesar. Trátase dun lugar situado á beira do Miño que reúne as principais características que todo restaurante debe ter: un local fermoso, unha comida riquísima, un trato estupendo e… vistas á Ribeira Sacra e ao Miño!!

Seguir lendo

Ruta N-550

n-550

Foto Itrynottothink

Vale que as autopistas son cómodas e rápidas, pero non me podedes negar que o encanto dunha estrada de toda a vida é mil veces maior. (E coa subida das peaxes, máis).

Por motivos estudantís ou laborais, os últimos anos da miña vida pasaron ó longo da franxa atlántica da nosa terra, e as viaxes en tren ou coche eran o pan de cada semana. Nos últimos meses, que frecuentei bastante o traxecto Santiago de Compostela-Val da Louriña, fun rexeitando a AP-9 en favor da N-550.

Seguir lendo

Curiosidades de Myanmar (antiga Birmania)

A antiga Birmania, chamada Myanmar dende o 2010, e afectada por unha ditadura militar ata o 2011, comeza aínda agora a abrirse ó mundo e ó turismo, e isto faise ver en pequenos detalles:  o transporte ou hoteis aínda son insuficientes, podes experimentar esa sensación de ser un extraño e que os nenos veñan a sacarse fotos contigo, ou mesmo ter que pelexarte con taxistas, recepcionistas e outros “axentes turísticos” para poder entendelos falando inglés.

Seguir lendo